Catálogo
Recursos documentais
Recursos materiais
Entidades
Ficha completa
Ficha didáctica
Centros ensino
Concellos e comarcas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

 

 

ESTRATEXIAS DE RECUPERACIÓN DESDE UN CONCELLO OU COMARCA

Os xogos forman parte do patrimonio colectivo. Recuperar e poñer en valor os xogos tradicionais debe ser tamén unha obriga dos entes municipais ou comarcais. Nesta sección ofrecemos un bosquexo dun plan de recuperación do patrimonio lúdico local a través de sinxelos pasos que perseguen xustamente iso, recuperar para o día a día colectivo as prácticas lúdicas de sempre.

Pero repárese tamén en que o potencial do xogo tradicional non debe ser desprezado desde o punto de vista económico. Os xogos –e os deportes– tradicionais son practicados por persoas que, caso de se desprazaren, usan vehículos colectivos e precisan restaurantes para comer, necesitan construír ou comprar os elementos necesarios para a práctica do xogo/deporte en cuestión, desde os propios elementos do xogo ata a indumentaria... e sobre todo a nosa parroquia ou barrio, o noso concello, a nosa comarca, poden ser identificados tamén por aquel xogo –ou por aquela modalidade específica dun xogo xa coñecido– que alí existe; é dicir, o xogo pode converterse nun modesto motor económico. En Galicia existen xa experiencias moi satisfactorias desta liña de traballo arredor do xogo tradicional.

 

QUE?

PARA QUE?

QUEN?

Actividade de formación para o persoal técnico municipal e/ou comarcal

Formar os técnicos/as que vaian participar no proxecto. A actividade tamén podería  estar dirixida ás asociacións de base.

Persoal da AGXPT

Reunións en cada parroquia/barrio Conseguir a implicación do maior número de persoas posible no proxecto. Particularmente, estimular a memoria colectiva relativa aos xogos. Realizar unha primeira recollida de xogos.

Persoal técnico Asociacións de base

Xornada de práctica de xogos en cada parroquia/barrio Practicar unha batería de xogos tradicionais galegos, infantís e de persoas adultas. Estimular a memoria colectiva relativa aos xogos e practicar xogos específicos da comarca, do concello ou da parroquia/barrio. Completar a recolla dos xogos da parroquia/barrio.

Persoal técnico Asociacións de base
Persoal da AGXPT

Análise e estruturación da recolla de xogos Posuír unha base de datos de xogos propios do concello ou comarca e, en especial, de variantes de xogos xa coñecidos. O obxectivo sería ordenar o material para publicalo.

Persoal técnico con apoio da AGXPT

Divulgación da recolla de xogos Divulgar os xogos tradicionais do concello/comarca en diferentes formatos: libro, vídeo, páxina web…

Concello/ente comarcal

Adquisición de materiais de xogo Posuír unha ludoteca municipal/comarcal de xogos tradicionais.

Persoal técnico con apoio da AGXPT

Sesións de aprendizaxe de xogos nos centros educativos do concello ou comarca Conseguir que os xogos sexan coñecidos e practicados polos nenos/as e adolescentes. Nomeadamente, trataríase de recuperar xogos –e variantes de xogos– locais.

Persoal técnico
Asociacións de base
Veciños/as

Presenza dos xogos tradicionais nas feiras e festas existentes no concello ou comarca Conseguir normalizar os xogos no día a día local.

Persoal técnico
Concello/ente comarcal
Asociacións de base
Comisións de festas

Organización de competicións dalgunhas modalidades de deportes tradicionais ao longo do ano Recuperar os deportes tradicionais: estornela, chave, birlos, tiro de corda…

Persoal técnico
Concello/ente comarcal
Asociacións de base
Comisións de festas

Participación dalgún equipo local nas competicións galegas de deportes tradicionais Posuír representacións locais nesas competicións: Liga Nacional da Billarda, Campionato Galego de Birlos, Liga da Chave…

Persoal técnico
Concello/ente comarcal
Asociacións de base

Convocatoria de foros de debate e cursos de formación sobre o patrimonio lúdico Visibilizar cara ao exterior o proxecto desenvolvido no concello/comarca e os seus logros.

Persoal técnico
Concello/ente comarcal
Centros de ensino
Asociacións de base

Incorporación do xogo tradicional aos parques de xogos existentes Levar os xogos tradicionais ao seu lugar natural.

Concello/ente comarcal

Recuperación para o xogo dos espazos tradicionais onde se desenvolveu Recuperar os espazos tradicionais de xogo –as prazas, por exemplo– aínda que só sexa de xeito circunstancial

Concello/ente comarcal