Centros de ensino
Colectivos e asociacións
Conferencias, charlas de divulgación, cursos...
Feiras, festas...
Memoria dos lugares visitados
Próximas actividades
Tarifas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

DESEÑO DUNHA SESIÓN DE DIVULGACIÓN DE XOGOS
POPULARES GALEGOS NUN COLECTIVO DE BASE OU NUN CONCELLO

 

  • IDADE DOS PARTICIPANTES: de 8 a 90 anos
  • DURACIÓN APROX.: 2 h.

  ESPAZO MATERIAL NECESARIO PERSOAL NECESARIO  
PARTE I GRAN GRUPO
Exposición teórica sobre o xogo popular (presentación motivadora)
Salón de Actos ou local semellante
Canón de vídeo e ordenador dotado do programa PowerPoint
25 min.

 

PARTE II PEQUENOS GRUPOS
XOGO
NÚM APROX. XOGADORES
MATERIAL NECESARIO
PERSOAL NECESARIO
Grupo 1
Aro
10
Espazo amplo
Animador/a
70 min.
Grupo 2
Corda
12
Memoria dalgunha canción de corda da zona
Animador/a
70 min.
Grupo 3
Mariola/ Truco
6
Deseño, no chan, dunha mariola da zona
Animador/a
70 min.
Grupo 4
Pano
21
Espazo amplo para debuxar o campo
Animador/a
70 min.
Grupo 5
Tres en raia/ Muíño Chapas / Bólas
12
Deseño dos catro xogos no chan (ou en papel ou nos bancos, agás as chapas e as bólas)
Animador/a
70 min.
Grupo 6
Peón
10
Memoria dunha maneira de xogar ao trompo na zona
Animador/a
70 min.
Grupo 7
Roma
8
Espazo con chan blando
Monitor/a
70 min.
Grupo 8
Tiro á lata
12
Unha parede alta
Animador/a
70 min.
Grupo 9
Petanca
8
Espazo amplo
Monitor/a
70 min.
Grupo 10
Porca
10
Un espazo onde se poidan facer uns foxos formando un círculo, e un foxo central
Monitor/a
70 min.
Grupo 11
Birlos en liña
10
Cancha de xogo debuxada no chan
Monitor/a
70 min.
Grupo 12
Arrastrar a tartaruga
10
Espazo amplo
Animador/a
70 min.
Grupo 13
Pescar a botella
Xogo libre
 
70 min.
Grupo 14
Chave
Xogo libre
Espazo amplo
70 min.
Grupo 15
Ra
Xogo libre
Unha parede
70 min.
Grupo 16
Zancos
Xogo libre
Espazo amplo
70 min.
Grupo 17
Carrilanas
Xogo libre
Espazo amplo con chan cementado
70 min.

 

PARTE III GRUPOS MEDIOS

XOGO
NÚM APROX. XOGADORES
MATERIAL NECESARIO
PERSOAL NECESARIO
Grupo 1
A cadea
20 - 25
Unha praza (ou semellante), en todo caso un amplo espazo libre
25 min.
Grupo 2
O ovo
20 - 25
Espazo amplo
25 min.
Grupo 3
Tiro de corda
20 - 30
espazo amplo
25 min.

 

OUTRAS POSIBLES ACTIVIDADES A DESENVOLVER
Xogos musicados
Obradoiro de construción de xoguetes
Aprendizaxe específica de xogos de persoas adultas
Campionato de tirapedras
Visionado de documentais sobre o patrimonio lúdico galego e universal

 

  • Na Parte II os participantes irán mudando cada certo tempo de xogo, de tal xeito que cada un deles practique a maior parte posible dos xogos presentes na sesión.
  • A figura do “animador/a” pode ser desempeñada por calquera persoa. Antes do inicio da actividade haberá unha posta en común para que cadaquén coñeza o seu cometido. A finalidade é que todos os xogos comecen ao mesmo tempo.
  • A figura do “monitor/a” será desempeñada por un membro da AGXPT por tratarse, nos casos onde se sinala, de deportes, algúns non carentes de risco. Este é o caso tamén do obradoiro de construción de enredos, dirixido por dous artesáns da AGXPT.
  • O feito de que os participantes estean divididos en grupos previamente e os deseños necesarios para algúns dos xogos realizados no chan, axudará a que o tempo sexa mellor aproveitado.
  • Perséguese que nos días previos se motive a práctica dos xogos propostos (repárese en que é necesaria algunha mínima investigación de campo previa). A sesión conxunta de divulgación debe servir, así, para reforzar a concienciación sobre a necesidade de conservación/recuperación dos xogos.
  • De existiren dificultades para poder dispoñer do canón e do ordenador (dotado do programa PowerPoint) agradécese que sexa comunicado para poder preparar a exposición con outros medios.
  • De non existir un megáfono dispoñible, prégase tamén que se comunique.