Centros de ensino
Colectivos e asociacións
Conferencias, charlas de divulgación, cursos...
Memoria dos lugares visitados
Próximas actividades
Tarifas

 

Rúa Catasol, 36
15800 Melide
agxpt@agxpt.gal

 

PRÓXIMOS LUGARES ONDE ESTARÁ PRESENTE A AGXPT

 

DATA
LUGAR
DESCRICIÓN
18 marzo Pontecaldelas Na celebración do "Día do Pai" organizada pola Asociación de Empresarios/as. Na Alameda, de 17.00 a 20.00 h.
6 abril Sarria Nunha actividade da Escola Municipal de Música. A partir das 17.00 h.
23 abril Leboso - Forcarei Na VII Feira de Sementes, Plantón e Produtos Ecolóxicos da Fundación Galicia Verde
30 abril Melide Na XIII Foliada de Melide. Na Praza das Ichoas, de 17.00 a 20.00 h.
7 maio Santiago Na Composcleta. A partir das 13.00 h. no Parque do Paxonal
20 maio Toques No III Festival Linguafolk no Camiño Primitivo do Concello de Toques
26 maio Melide No Corremelide 2017. Na Praza do Convento. Toda a mañá
27 maio O Feal - Narón No XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais
16 xuño Santiago Na presentación da primeira base de datos con recursos sobre o patrimonio lúdico (www.xogostradicionais.gal). Ás 12.00 h. no Consello da Cultura Galega
17 xuño Villestro - Santiago Na festa de fin de tempada do Villestro CF. Pola mañá
1 xullo Naraío - San Sadurniño Na XXIV edición do Festival do río Castro. Todo o día
4 agosto Lalín No campus de verán do Balonmán Lalín
10 agosto A Órrea - A Terra de Miranda Na festa da parroquia. Inclúe os III Campionatos de Tirapedras e de Tronzón da Terra de Miranda. Pola tarde
24 agosto Lodoselo - Sarreaus - A Limia Nun curso de formación de educadores/as do tempo libre organizado polo CDR O Viso
3 de setembro A Órrea - Meira No IV Roteiro 'Avelino Díaz', organizado pola Asociación Cultural do mesmo nome. Despois do almorzo (xantar)
22 setembro Vigo Na Rúa Elduayen, na Semana Europea da Mobilidade, organizada pola asociación 'A golpe de pedal'. A partir das 17.00 h.
30 setembro Santiso No Festival de Música de Santiso
... ... ...

 

A AGXPT mantén unha colaboración estable coa emisora municipal de Melide, RADIO MELIDE. O obxectivo é a divulgación, en cada un dos espazos radiofónicos, dun tipo de xogos tradicionais galegos. Na experiencia participan desinteresadamente, tamén, diferentes persoas non asociadas.

A AGXPT é responsable tamén da sección "Brinquetainas", un espazo da Revista Galega de Educación no que en cada número se describe, en primeira persoa e co correspondente anecdotario, un xogo tradicional galego.